Consellos prácticos

1. Lingua. Hai quen di que o polaco pertence as linguas máis difíciles de Europa. Isto non parece ser verdade - a maioría dos polacos fala moi ben polaco, pero moito peor (ou nada) outros idiomas. Coa xente nova poderás falar tamén en inglés e -ainda que menos común- en alemán. Coas persoas mallores podes intentalo en alemán ou (en poucos casos) en francés. No peor dos casos, a persoa que pregunte andará cun de nós tres kilómetros para che amosar que na seguinte encrucillada tes que coller á dereita. Estos problemas non se refiren ás linguas eslavas: a pregunta en checo, ruso ou mesmo croato SERÁ perfectamente entendida e atoparase coa amable resposta, rematada có convite a tomardes un vaso de algo máis forte.

2. Tempo. O mellor período para peregrinar en Polonia é o verán: a temperatura media oscila entre os 20-25 graos; no empezo de xullo adoita chover. Anoitece ás oito ou nove da tarde. A primavera tamén pódenos sorprender con temperaturas altas. En setembro empeza o chamado "outono polaco do ouro", que dura ata a mitade de outubro.

3. Transporte. Chegarás ós puntos do comezo do Camino de Santiago nos ferrocarís polacos PKP (os horarios están na páxina rozklad.pl) ou nos autocares (PKS - é unha rede de autocares rexionáis e locáis). A Gniezno (o comenzo do Camino en Praga) é mellor IR dende Poznañ, e a Brzeg (o comenzo da Vía Regia) e a G³ogów - dende Breslavia. Os prezos son de 10 zl (2,5 €) por 50 Kms. A Poznañ e Breslavia pódese chegar en avión tamén coas linas de baixo custo.

4. Moeda. Por razóns prácticas recoméndase ter moeda polaca (1zl = 3,30 € a fináis de IX 2008) ou sacar cartos dos caixeiros automáticos. Nas poboaciones pequenas, fora das estacións de servizo, é dificil pagar con tarxetas bancarias.

5. Comida, bebida. Case en cada vila atoparás unha tenda de comida, e na maioría das cidades tamén supermercados. Os prezos dos produtos son un pouco máis baixos cos prezos en Europa Occidental e semellantes ós prezos noutros países de Europa Central e do Sur. Moito máis baratos son o pan e o xamón. Nas aldeas é moi difícil atopar restaurante -é frecuente que incluso nun local onde pona "Bar" non podas atopar nada máis cunha pequena oferta de bebidas en botella. Aínda que as veces o "Zajazd" (a pousada) ou a "Karczma" (o mesón) pódennos dar sorpresas simpáticas. Nas cidades -especialmente nas máis grandes- os locáis poden por vermellos ós cocineiros e camareiros vidos de moitos países europeos, especialmente pola conta. O auga de billa pódese beber sen medo, aínda que non sempre saberá a fonte.

6. Seguridade. Os peregrinos que fan o Camino responsabilízanse. Lles desaconsellamos decididamente andar tralo solpor -non é dificil perderse. En moitas aldeas pódese un atopar con cans na rúa. A diferenza dos cans do Camino espanol, gústalles ladrar moito ós de fora pero o seu salvaxismo redúcese soamente a iso - o mellor é ignoralos.

7. Sinalización. En tódala ruta (tanto nas poboaciones como nas áreas de fraga) o Camino está marcado con placas ou adhesivos co símbolo da cuncha -vieira- de 10x10 cms. Nalgúns sitios as conchas están aínda pintadas nas árbores. A ruta pasa sober todo por caminos de fraga e de campo, aínda que hai tamén alguns tramos más longos de estradas con pouco tráfico. Neste aspecto nada diferenza este Camino dos Caminos de Santiago en outros países europeos. Pode ser utilizado tanto polos peregrinos a pé como polos ciclistas.

8. Hostáis. Podes durmir en edificios parroquiáis e máis en mosteiros -nestes casos terás que ter Credencial. Se suxire facer algún donativo voluntario. Nos hostáis comerciáis, os peregrinos ten dereito a descontos. Cada vez que queiras quedarte pola noite, tes que confirmalo antes por teléfono -al menos dous días antes. Os sitios para durmir soen ser, en xeral, modestos - por iso todo o que quedara mal débese recibir con amabilidade cristiana. Se require o saco de durmir propio.

9. Credencial. Sirve para confirmar o desexo do dono de facer o Camino. Coa Credencial pódense aproveitar os sitios preparaos para os peregrinos. O mesmo tempo, o peregrino con Credencial declárase penitente e acepta recibir tódalas molestias e incomodidades de peregrinar.

10. Atención espiritual. Polonia é un país de maioría católica, onde case en cada poboación poderás asistir á Misa (tamén durante a semana). No caso de quedarse nunha iglesia ou nun mosterio, IRES á Misa o día seguinte será ben visto polos hóspedes. Durante a semana, nas poboaciones do Camino, pódense ver tamén iglesias pechadas, disponibles só en horario de oficios. Nas iglesias protestantes ou ortodoxas, os oficios celébranse máis ben só os domingos pola maná. Na maioría das iglesias parroquiáis católicas a liturxia, diaria, celébrase pola maná (ás 7 ou 7:30) e tamén polo serán (ás 17 ou 18).


2006 © Fundacja Wioski Franciszkañskiej