|
Dende hai unhas decenas de anos, en moitos países de Europa aparecen rutas ciclistas e de sendismo marcadas coa imaxe da cuncha de Santiago (Caminos de Santiago, Routes of St. James, Chemins de St. Jacques, Jakobswege, Droga ´sw. Jakuba). Foron creadas por e para os peregrinos, quenes en soedade ou en pequenos grupos, queren atravesar o vello continente na busca da sua identidade espiritual. Son os que queren rezar, pensar na sua vida, acougar do ritmo rápido, descubrir a primitiva coherencia do noso continente ou simplemente visitar uns sitios interesantes, conecer xente ou facer algo de deporte segundo o principio "mens sana in corpore sano". Pero a experiencia espiritual é a máis importante no Camino. Non é, daquela, soamente unha ruta turística se non máis ben unha oportunidade de ter "un retiro en camino".
Entre os Caminos de Santiago de Compostela están os Caminos de Santiago en Polonia. Sen falsa humildade, compre lembrar que foi "o que vinera dun país afastado", Juan Pablo II, quen inicióu a resauración dos Caminos de Santiago en Europa. O nove de novembro de 1982 dixera na tumba do Apóstol en Santiago: "Eu, Juan Pablo, fillo da nación polaca dende Santiago, lánzoche Vella Europa, un berro cheo de amor: Volve a atoparte. Sé ti mesma. Descubre as túas orixes. Aviva as túas raíces".
É unha razón máis para interesarse polo Camino Polaco. Non importa que o Finisterrae estea a tres mil kilómetros, o que verdadeiramente importa neste camino é cada paso e cada home conecido, non só os derradeiros kilómetros antes de entrar en Santiago.
Nesta páxina Web atoparás información sobre os Caminos de Santiago en Polonia: O Camino de Dolny Slask (Baixa Silesia), o Camino de Wielkopolska (Magna-Polonia. O seu percorrido: Gniezo - Poznañ - G³ogów - Zgorzelec/Gorlitz - Praga) e o da Vía Rexia (o seu percorrido: Brzeg - Breslavia - Legnica - Zgorzelec). Ademáis pódenos enviar as túas preguntas e nós axudarémosche a facer o teu Camino en Polonia.
Sur cette page vous trouverez les informations principales sur Chemins de Saint Jacques en Pologne: le Chemin de la Basse Silesie et le Chemin de la Grande-Pologne (Wielkopolska)(Gniezno - Poznañ - G³ogów - Zgorzelec/Görlitz - Prague) et aussi sur Via Regia (Brzeg - Wroc³aw - Legnica - Zgorzelec/Görlitz). Vous pouvez aussi nous envoyer vos questions: on vous aidera a parcourir le Camino en Pologne. |
|